Impulsamos procesos
de vivenda colaborativa

Un modelo de vivenda para construír comunidade

Comunitaria é unha iniciativa da cooperativa de arquitectura Hábitat Social que traballa para facer viables procesos de vivenda colaborativa na Galiza. Combinamos experiencia técnica, acompañamento humano e traballo en rede para apoiar comunidades, organizacións ou administracións públicas que queren construír alternativas reais ao modelo habitacional actual.

Comunitaria é unha ferramenta que pretende ‘organizar o desexo’, darlle corpo e oportunidades ás aspiracións de moitas persoas ou grupos que queren vivir doutra maneira pero non teñen soporte para facelo

Que é a vivenda colaborativa?

A vivenda colaborativa é unha alternativa ao mercado tradicional que promove o acceso á vivenda digna como dereito. Baséase na participación democrática, no apoio mutuo e na sostibilidade, explorando fórmulas de tenencia que evitan a especulación.

Servizos

En Comunitaria ofrecemos un acompañamento integral ao longo de todas as fases dun proxecto de vivenda colaborativa. Traballamos dende o compromiso e profesionalidade xunto aos grupos, para facer viables procesos complexos, combinando coñecementos técnicos, experiencia social e coidado das dinámicas humanas. Cada proxecto é diferente, por iso adaptamos os equipos profesionais e as ferramentas ás necesidades concretas de cada grupo, desde as primeiras ideas até a posta en marcha e consolidación da comunidade.

Coñécenos mellor

Hábitat Social somos unha cooperativa galega sen ánimo de lucro que dende 2012 traballamos nos eidos da arquitectura, urbanismo e intervención comunitaria en Galicia. Móvennos valores como a xustiza social e ambiental, o desenvolvemento comunitario equilibrado e a creación de contornos saudables, diversos e autónomos.

Traballamos inspirandonos noutras experiencias xa en marcha fora da Galiza e tecemos rede e colaboramos con: